Qué
image
  • Actividades
  • Empresas y entidades
  • Espacios a visitar
Dónde
image
image

A Casa de Lagoa de Antela, Sandías, Ourense Galicia

A casa da Lagoa de Antela


Campo de San Nicolás, 2 Sandiás (Ourense)
988 465 001 / 988 446 048
info@sandias.es
Casa da Lagoa: Praza do Campo, 2. 32693, Sandiás, Ourense.

BREVE EXPLICACIÓN (Extraída de https://www.sandias.es/casa-lagoa-de-antela)
Na comarca da Limia existiu ata fai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas mais importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 Km cadrados – como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc., e a súa flora, fauna e folclore característicos. Un índice da súa importancia excepcional eran o miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. O proxecto de desecación iniciado no ano 1959 polo Instituto Nacional de Colonización provocou a súa destrución e o emprego dos seus terreos para aproveitamento agrícola.

Acerca dela contábanse infinidade de lendas, entre as mais fermosas esta a da cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatrar o galo. E a dos mosquitos cínifes que eran o rei Artús e os seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.

Partindo da lembranza da lagoa de Antela creouse un centro de interpretación da mesma onde se pretenden mostrar os cambios producidos dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade ca recuperación das antigas areeiras, a través de:
Evolución histórico-económica.
Evolución no modo de vida, etc.

BREVES NOTAS XEOLÓXICAS
A orixe xeolóxica da lagoa de Antela está ben explicada na Casa da Lagoa.
Do mesmo xeito, as operacións actuais de extracción de area nas zonas onde se drenou a lagoa están ben explicadas.

Coordenadas:
42.110057, -7.756978

image